CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Mario Álvarez, cantante da orquestra Panorama, será esta noite o convidado de honra en 'A liga dos cantantes extraordinarios'

30/07/2020

Ás catro finalistas da gala anterior súmanse esta noite (22.00 h) Yennia, Nakary Palumbi, Danni Lamas e o/a gañador/a do duelo entre Diego Barbazán e Monia Borges

Mario Álvarez, cantante da orquestra Panorama, será esta noite o convidado de honra en 'A liga dos cantantes extraordinarios'

Santiago, 30.07.2020.-     A quinta xornada de 'A liga dos cantantes extraordinarios' chega esta noite cargada de sorpresas á TVG e nela non faltarán, como é habitual, a música, o talento e o humor.

Mario Álvarez, cantante da orquestra Panorama e artista recoñecido a nivel nacional, será o convidado de honra. Xunto con Lito Garrido, compañeiro de formación, o presentador Paco Lodeiro e o colaborador César Romero,  abrirá a edición cun remix de Tom Jones e, en solitario, interpretará ‘Mi tierra’ de Nino Bravo.

Ás catro finalistas da gala anterior, Irene Iglesias (Panorama), Alba Navarro (Satélites), Kris Somad (Capitol) e Ana Paz (Cinema), súmanse esta semana Yennia (La Fórmula), Nakary Palumbi (Olympus) e Danni Lamas (Kubo). O/a oitavo/a concursante decidirase no reto de entrada disputado por Diego Barbazán (Fania Blanco Show) e Monia Borges (Marbella) co tema 'Deja Vu', de Shakira e Prince Royce.

En 'A liga dos cantantes extraordinarios' haberá esta noite salsas, rancheiras, baladas e ata fusión de música sueco-galega. Quen será o concursante que se atreverá a tocar 'Wake me up' de Avicii coa gaita?