CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Latexos da cidade' propón un paseo en bus pola Coruña e unha visita a un taller de coches en Pontevedra

14/08/2019

Ademais, o programa irá de ruta polas principais pastelerías ourensás e bailará pop, dance e reggaeton nos locais do Areal vigués

'Latexos da cidade' propón un paseo en bus pola Coruña e unha visita a un taller de coches en Pontevedra

Santiago, 14.08.2019.- A xornada comeza hoxe sobre rodas en ‘Latexos da Cidade’ (21.55 h.), que dará un bo paseo pola cidade da Coruña da man dun condutor de autobús urbano. Despois, en Pontevedra, faranlle un oco ás cámaras do programa nun taller de coches, onde os espectadores coñecerán os principais problemas dos vehículos pontevedreses.

A tarde preséntase bonita, e moi doce, cunha ruta polas principais confeiterías e pastelerías ourensás. Por último, tras coller forzas, o espazo da TVG irá cara a Vigo, para bailar a ritmo de pop, dance, reggaeton ou o que cadre, nos locais do Areal.