CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Latexos da Cidade' comezará a xornada na lonxa da Coruña e remataraa na estación do tren de Ourense

10/07/2019

Tamén estará en Vigo cunha traballadora de Correos e acompañará en Santiago un grupo de guías turísticos (22.00 h.)

'Latexos da Cidade' comezará a xornada na lonxa da Coruña e remataraa na estación do tren de Ourense

Santiago, 10.07.2019.-   Unha semana máis, ‘Latexos da Cidade’ continuará medindo o pulso das cidades galegas. Neste programa, a xornada comezará na Coruña, onde poxadores e praceiros madrugan para vender e mercar o peixe e marisco que logo chegará aos nosos pratos. Xa de mañá, poñemos rumbo a Vigo, onde Luz, traballadora de Correos, percorrerá a cidade intentando entregar todos os paquetes posibles.
    
Despois de comer é hora de visitar Santiago e da man de alguén que a coñece moi ben: un grupo de guías turísticos que están a facer unha visita guiada gratuíta, con fins solidarios. ‘Latexos da Cidade’ rematará o día en Ourense, onde a estación do tren é lugar de paso para viaxeiros que veñen e van.