CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Land Robert Tunai Show' recibe esta noite a visita do humorista Goyo Jiménez e do actor Antonio Garrido

14/01/2021

Os espectadores verán como Dosinda quere devolver o ano 2021 e saberán como lles cambiou a vida aos afortunados coa lotaría de Nadal

'Land Robert Tunai Show' recibe esta noite a visita do humorista Goyo Jiménez e do actor Antonio Garrido

Santiago, 14.01.2021.-    Con moito humor e risas agarda este xoves ‘Land Rober Tunai Show' (22.05 h) os espectadores da Televisión de Galicia. Nesta ocasión, recibirá a visita do humorista e actor Goyo Jiménez, que será posto a proba coa colaboración dun dos aliados do programa: o actor Antonio Garrido.

2021 comezou co pé esquerdo. Tanto, que Dosinda xa quere devolvelo! Os espectadores saberán tamén como lles cambiou a vida aos afortunados coa lotaría de Nadal e descubrirán quen é mellor pai ou nai: Antonio Garrido ou Eva Iglesias, que se enfrontarán cara a cara en ‘Mamma Mía!’.

Ademais, coma sempre, o público será protagonista no programa presentado por Roberto Vilar, que asexará nas casas dos galegos para ver se viven sós ou non.