CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Land Rober Tunai Show" xunta esta noite a Julio José Iglesias e Antonio Resines

06/12/2018

O programa tamén fará gozar os espectadores coas seccións “Xubilados vs Milennials”, “Auga vai” e “Mentira Cochina”

'Land Rober Tunai Show" xunta esta noite a Julio José Iglesias e Antonio Resines

Santiago, 06.12.2018.- “Land Rober Tunai Show” recibe esta noite dous grandes: o cantante Julio José Iglesias e o actor Antonio Resines.  Por primeira vez xuntos en televisión, contarán todo tipo de historias na sección de “Mentira Cochina”, en que a clave será saber cales son verdadeiras e cales puro invento.

Ademais, Antonio Resines vivirá na súa propia pel a experiencia de visitar un hospital galego, mentres que o fillo de Julio Iglesias se enfrontará, a xuízo do programa, a algo novo para el: traballar!

E para que maiores e pequenos poidan xogar na casa, volve o famoso reto xeracional do espazo dos xoves na sección “Xubilados VS Milennials”. A noite continuará con outro clásico do programa, “Auga vai”, o xogo en que alguén acaba sempre cunha boa molladura.

O show desta noite tamén contará coa actriz galega Beatriz Serén. Este xoves, a partir das 22.15 h., cita con Roberto Vilar e o mellor humor na Televisión de Galicia.