CRTVG viva
'Land Rober Tunai Show', recoñecido como mellor programa de entretemento nos Premios Cantábrico Excelente
Este programa de humor da TVG presentado por Roberto Vilar recibiu o galardón na Coruña

Santiago, 10.07.2019.- O programa da TVG 'Land Rober Tunai Show' recibiu o galardón da categoría de Entretemento na V Edición Premios Cantábrico Excelente, que recoñecen o labor de profesionais, empresas e institucións das rexións do norte de España: Galicia, Cantabria, Asturias, País Vasco e Navarra.
Á gala de entrega, celebrada na Coruña, acudiu Alberto Devesa en representación do equipo do programa.
Presentado por Roberto Vilar, 'Land Rober Tunai Show' ofrécelle á audiencia dúas horas de humor, convidados, música, comedia e colaboradores, todos os xoves pola noite; ademais de contar coa participación directa do público no estudio. Xa recibiu outros galardóns como o premio ao mellor programa de televisión nos Mestre Mateo do 2017, recoñecemento que outorga a Academia Galega do Audiovisual.