CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Land Rober Tunai Show' arranca nova temporada no podio con Ana Peleteiro, Teresa Portela, Adi Iglesias e Susana Rodríguez

16/09/2021

Os espectadores coñecerán a fondo as medallistas olímpicas galegas, que serán postas a proba polo público

'Land Rober Tunai Show' arranca nova temporada no podio con Ana Peleteiro, Teresa Portela, Adi Iglesias e Susana Rodríguez

Santiago, 16.09.2021.-   O programa ‘Land Rober Tunai Show’ (22.00 h) comeza temporada este xoves desde o máis alto recibindo as protagonistas galegas das olimpíadas de Tokyo 2020: Ana Peleteiro, Teresa Portela, Adi Iglesias e Susana Rodríguez.

Os espectadores coñecerán a fondo as medallistas olímpicas, que serán postas a proba polo público. Serán as encargadas de abrir temporada cun evento especial relatado polo xornalista Terio Carrera.

Por se fose pouco, tocará despedir o verán e saber que pasa cos bañistas que se resisten a abandonar as praias. Nisto terá moito que ver o actor Miguel Canalejo. Pegados á actualidade, a suba da luz tamén terá protagonismo e quen mellor para dar conta dela que o público do ‘Land Rober Tunai Show’.

O toque musical virá da man da Mekanika Rolling Band, mentres que e os actores Eva Iglesias e Víctor Fábregas pintarán esta noite a mona xunto a Roberto Vilar.