CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

La Década Prodigiosa e Boyanka Kostova, pioneiros do trap en Galicia, convidados no "Bamboleo" deste sábado

01/12/2018

Ademais, a orquestra Palladium darao todo no escenario e levantará cos seus ritmos o público dos seus asentos

La Década Prodigiosa e Boyanka Kostova, pioneiros do trap en Galicia, convidados no "Bamboleo" deste sábado

Santiago, 01.12.2018.-   Esta noite de sábado “Bamboleo” (22.05 h.) chega cunha nova festa á Televisión de Galicia. Á fronte do espectáculo estará novamente Lucía Regueiro. Os convidados desta semana son o grupo La Década Prodigiosa, unha formación que leva moitos anos facendo bailar todo o país coas súas fantásticas adaptacións de temas de toda a vida. Jenny, Lorena, Javi e David son os actuais compoñentes e no escenario desbordan simpatía.

Boyanka Kostova, auténticos pioneiros da música trap en Galicia, presentarán o seu innovador traballo no espazo da TVG. A sección do baile terá como protagonistas dous mozos de Lugo, Jandro e Magali, que son especialistas en bailes caribeños e na pista de baile fan maxia cos seus corpos.

Mentres a orquestra Palladium, a formación convidada deste sábado, o dá todo no escenario e levanta cos seus ritmos o público dos seus asentos, Martín e Clara, dous nenos pertencentes ao Club Arco Narón, estarán no “Bamboleo” facendo unha demostración da súa especialidade en “Os nosos cracks”.

Ademais, en “Agora ou Nunca”, medirán as súas voces María González e Mari Carmen, a primeira cantando “Caminando por la vida” e a segunda, “Campanero jerezano”. Non van faltar os premios, para o equipo gañador de “A Jrileira”, onde hoxe se enfrontarán ao karaoke Paula e Jessica cantando “Sin pijama”, de Becky G. e Nati Natahsa, e para o gañador da “ITV do amor”, a sección máis sexy do “Bamboleo”.