CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Juande Mellado, director xeral de Canal Sur, novo presidente de FORTA

16/01/2020
Juande Mellado, director xeral de Canal Sur, novo presidente de FORTA

Santiago, 16.01.2020.- A Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA) nomeou este xoves novo presidente da organización o director xeral de Radio e Televisión de Andalucía (Canal SUR - RTVA), Juande Mellado, que sucede no cargo a Núria Llorach (CCMA), que estivo á fronte de FORTA os últimos seis meses.

Juande Mellado (Madrid, 1970) é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra e traballou entre 1990 e 1996 en 'Diario 16' de Málaga. Foi tamén correspondente de 'Cambio 16' en Andalucía oriental e enviado especial á guerra de Ruanda no ano 1994. Profesor de xornalismo especializado en EADE Málaga (1997-1999), ocupou o cargo de redactor xefe e subdirector do xornal 'La Opinión de Málaga' desde 1999 a 2008, e foi director de Comunicación da Consellería de Turismo da Junta de Andalucía entre 2008 a 2010. En febreiro dese ano asumiu a dirección de 'La Opinión de Málaga', onde impulsou a súa transformación dixital. Tamén foi socio fundador da consultora Comunicación&Turismo, onde xestionou a comunicación da Universidade de Málaga e o porto de Málaga.

En maio de 2018, incorporouse como coordinador de Comunicación e Estratexia de Marca de Turismo e Planificación Costa del Sol e, no 2019, foi director xeral de Comunicación Social da Junta de Andalucía ata a súa elección como director xeral de Canal Sur, en xullo dese ano.