CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Jesús López Cabeza, novo presidente de FORTA

11/01/2018

O directivo da Corporación Aragonesa de Radio e Televisión sucede no cargo a Juan Miguel Aguado Terrón

Jesús López Cabeza, novo presidente de FORTA

Santiago, 11.08.2018.-  A Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos -FORTA-, nomeou a Jesús López Cabeza, actual director xeral da Corporación Aragonesa de Radio e Televisión (CARTV), como novo presidente da Federación. López Cabeza tomou posesión da presidencia de FORTA durante o transcurso da reunión da Xunta Xeral desta Federación celebrada hoxe.

Tanto o novo presidente como a Xunta Xeral acordaron dotar de continuidade e reforzar a contorna de colaboración, xa sexa en contidos como noutros aspectos tecnolóxicos, entre as diferentes radios e televisións autonómicas, en liña cos obxectivos fundacionais de FORTA, pondo en valor a función que desenvolven como servizo público, impulsores da diversidade cultural, da pluralidade e da cohesión social.

Entre os principais retos que afrontan as canles autonómicas nestes momentos está a adaptación dos seus modelos ás novas formas de consumo na contorna dixital e o establecemento dun marco de estabilidade financeira.

López Cabeza sucede no cargo a Juan Miguel Aguado Terrón, director xeral da Radiotelevisión da Rexión de Murcia (RTRM), cuxo labor durante os seis meses de mandato foi dunha intensa actividade institucional e mediática, valorada positivamente pola Xunta Xeral, que felicita a Aguado pola entrega e capacidade que demostrou na defensa dos intereses de FORTA e na potenciación do organismo dentro do panorama audiovisual español.