CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Guitiriz e Ribadavia ábrenlle as portas a "Todo Queda na Casa", este sábado na Televisión de Galicia

07/10/2017

Eva Iglesias segue coa súa busca incansable de novos concursantes que queiran amosar as súas vivendas e participar no concurso (20.20 h.)

Guitiriz e Ribadavia ábrenlle as portas a "Todo Queda na Casa", este sábado na Televisión de Galicia

Santiago, 07.10.2017.-   Eva Iglesias segue este sábado coa súa busca incansable de novos concursantes que queiran amosar a súas vivendas e participar no “Todo Queda na Casa” da Televisión de Galicia para levar así uns cartiños. Con este cometido, o programa chegará hoxe ás localidades de Guitiriz e Ribadavia.

Despois de deixar ver as diferentes estancias, a dinámica do concurso baséase nunhas preguntas coas que os residentes na vivenda amosarán o coñecemento que teñen dos seus espazos, obxectos e accións. O programa aproveita, ademais, para coñecer un pouco as persoas da nosa terra, cos seus costumes, manías e gustos. Como sempre, ata o final de “Todo Queda na Casa” non se saberá se, nesta ocasión, alguén é quen de gañar o premio dos 1.000 euros.