CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Galicia Viva' entregará cada semana un agasallo sorpresa nun bar ou cafetería galegos que teñan sintonizada a TVG

12/02/2018

Se cumpre esa condición, o programa convidará o/a sorprendido/a dono/a do establecemento a compartir un xamón coa súa clientela, como xa ocorreu o pasado venres en Melide

'Galicia Viva' entregará cada semana un agasallo sorpresa nun bar ou cafetería galegos que teñan sintonizada a TVG

Santiago, 12.02.2018.-   O programa 'Galicia Viva', magazine que cada tarde guía os espectadores pola actualidade social e cultural e que ten como protagonistas os galegos de a pé, quere premiar a fidelidade da súa audiencia e por isto, desde o venres pasado, cada semana estará en directo nun punto de Galicia para entregar un agasallo sorpresa.

Os reporteiros Paula Señarís, Ricardo Saavedra, Lucía Fandiño, Emilio Guillín e Natalia Penas entrarán cada venres nun bar ou cafetería galegos, que resultarán agraciados cun xamón sempre e cando teñan sintonizada a TVG no momento en que o equipo de “Galicia Viva” entre no local.

Se cumpre esa condición, o programa convidará o/a sorprendido/a dono/a do establecemento a compartir este agasallo coa súa clientela. O primeiro xamón entregouse o venres pasado en Melide, concretamente na Cantina de Eleu.