CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Galicia Viva', en directo en Vilalba, a piques de celebrarse o sorteo de Lotaría do Neno

02/01/2018

Un equipo do programa fará a súa primeira viaxe pola ponte de Rande, logo das tarefas de ampliación, e falará cos usuarios para coñecer a súa opinión sobre o resultado final da obra

'Galicia Viva', en directo en Vilalba, a piques de celebrarse o sorteo de Lotaría do Neno

Santiago, 03.01.2018.- A piques de que se celebre o sorteo de Lotaría do Neno, 'Galicia Viva' (19.05 h.) estará en directo en Vilalba, unha das vilas que está no punto de mira por se a sorte lles volve sorrir e sobre todo para comprobar se despois da pasada chuvia de millóns os vilalbeses xa saben en que van investir os seus cartos.

Doutro lado, un equipo do programa fará a súa primeira viaxe pola ponte de Rande, logo das tarefas de ampliación, e falará cos usuarios para coñecer a súa opinión sobre o resultado final da obra.

O espazo comprobará tamén a afección polos beléns que teñen un farmacéutico e un xubilado, que viven en Sabarís, coa que todos os anos deleitan os seus veciños cunha exposición.

Por último, os reporteiros visitarán en Ourense Pazolandia, unha ampla mostra dedicada ao ocio e diversión nestas datas e destinada para os nenos ourensáns.