CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

`Galicia Viva´ asiste este xoves na Coruña ao musical `Priscila´, que leva tempo percorrendo Europa con moito éxito

07/12/2017

Ademais, o programa (19.00 h.) recabará consellos e recomendacións para cociñar e mercar marisco nestas datas festivas e de celebracións en familia

`Galicia Viva´ asiste este xoves na Coruña ao musical `Priscila´, que leva tempo percorrendo Europa con moito éxito

Santiago, 07.12.2017.-    O programa `Galicia Viva´ ofreceralles hoxe aos espectadores propostas de lecer para esta ponte festiva. Así, o espazo presentado por Susana López estará en directo no musical `Priscilla´, un espectáculo que leva tempo percorrendo España con moito éxito e que nestas datas chega aos teatros galegos, con parada este xoves na Coruña.

Doutro lado, os reporteiros de `Galicia Viva´ visitarán un cocedeiro de mariscos para recabar consellos e recomendacións para cociñar e mercar marisco nestas datas festivas e de celebracións en familia.

Ademais, o programa da TVG irá en directo á localidade de Ledoño, en Culleredo, para asistir aos últimos preparativos do belén que cada ano une a todos os veciños desta parroquia.