CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Galicia bonita' visita este luns Oroso, onde un avó e unha neta viven nunha casa aínda sen rematar

13/05/2019

A arquitecta Rosa deberá lidar co forte carácter do cabeza de familia e coas súas esixentes pretensións (22.15 h.)

'Galicia bonita' visita este luns Oroso, onde un avó e unha neta viven nunha casa aínda sen rematar

Santiago, 13.05.2019.- O equipo de 'Galicia bonita' seguirá percorrendo este luns a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu peculiar 'equipo de arranxos'.

Nesta ocasión, o destino será a localidade coruñesa de Oroso, onde Jorge e a súa neta Naia viven desde hai máis de cinco anos nunha casa aínda sen rematar. A pesar das súas boas intencións, a arquitecta, Rosa, deberá lidar co forte carácter do avó e coas súas esixentes pretensións.