CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Galicia bonita' intenta hoxe meterlles man aos enormes pendellos que medran nunha leira de Santa Comba

10/06/2019

Nesta ocasión, a arquitecta Rosa Facal visita a súa vila natal e terá que negociar coa súa veciña Fina (23.00 h.)

'Galicia bonita' intenta hoxe meterlles man aos enormes pendellos que medran nunha leira de Santa Comba

Santiago, 10.06.2019.-    Unha semana máis, o programa 'Galicia bonita' seguirá percorrendo a xeografía galega na busca dos feísmos máis comúns para poñerlles remedio xunto aos propietarios, os veciños e o seu particular equipo de arranxos.

Nesta ocasión, a arquitecta Rosa Facal visitará a súa vila natal. En Santa Comba, Fina, a súa adorable veciña, tratará de convencer a arquitecta e o seu equipo con todo tipo de artimañas culinarias para que lles metan man aos enormes pendellos que crecen como fungos na súa leira.