CRTVG

Buscar

CRTVG viva

Falece a xornalista Rosa Martínez Rivada, exdirectora da Radio Galega

13/11/2023

Desempeñou diferentes cargos na CRTVG e asumiu a dirección da emisora pública de 2009 a 2017, ano en que se xubilou

Falece a xornalista Rosa Martínez Rivada, exdirectora da Radio Galega

Santiago, 13.11.2023.-    Rosa Martínez Rivada (Vigo, 1947), xornalista cunha dilatada traxectoria profesional e directora da Radio Galega entre os anos 2009 e 2017, faleceu este sábado en Santiago de Compostela.

Ademais de desenvolver varias responsabilidades na Corporación de Radio-Televisión de Galicia, foi redactora na Axencia Galega de Noticias e na emisora Radio Noroeste, en Vigo.

Nesa cidade puxo en marcha a delegación da Radio Galega. En 1995 asumiu o posto de redactora xefa nos informativos e desempeñou diferentes cargos que a levaron á dirección da emisora pública desde 2009 ata 2017, o mesmo ano en que se xubilou.