CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Programas TVG

As series "Escoba!" e "Libro de Familia" fixeron a TVG líder de audiencia no prime time do domingo

09/01/2012

Con cotas de pantalla do 14,8% e do 16% respectivamente, ambas as dúas situáronse por riba dos 170.000 espectadores de audiencia media

A Galega conseguiu uns excelentes resultados de audiencia durante toda a fin de semana e foi a autonómica máis vista o venres, o sábado e o domingo

As series "Escoba!" e "Libro de Familia" fixeron a TVG líder de audiencia no prime time do domingo

Santiago, 09.01.2012.-    A aposta da TVG pola ficción propia galega e polo talento do país segue a verse recompensada co favor da audiencia, que onte fixo líder a Televisión de Galicia no prime time, cunha cota de pantalla do 14,6% -empatada con TVE1-. Nesta faixa de máximo consumo televisivo, a canle autonómica ofreceu este domingo novos episodios das series “Escoba!”, a nova aposta polo humor galego; e “Libro de Familia”, todo un clásico na grella que leva máis dun lustro seducindo o público. Ambas as dúas emisións situáronse por riba dos 170.000 espectadores de audiencia media.

ler máis

"Tourilandia" sorprenderá co seu propio concurso de novos talentos

08/01/2012

O espazo de humor, que a TVG estrea o próximo xoves á noite, inclúe seccións variadas, en que a diversión será o denominador común
  
Xose A. Touriñán estará arroupado pola comicidade de Federico Pérez, Isi, Isabel Risco, Iria Sobrado e Marcos Pereiro

"Tourilandia" sorprenderá co seu propio concurso de novos talentos

Santiago, 08.01.2012.-   Dúas horas de espectáculo e diversión. Así promete ser cada unha das entregas do novo espazo de humor da Galega para os xoves á noite. “Tourilandia”, cuxa estrea terá lugar o próximo día 12 de xaneiro, inclúe variadas seccións, coa participación de recoñecidos colaboradores fixos, e un concurso de novos talentos, en que persoas anónimas poderán exhibir todo tipo de habilidades dificilmente catalogables.

ler máis

A Galega despide o ano coa gala "A Fin do Mundo?", entre música, humor e as "predicións de 2012"

31/12/2011

Presentado por Xosé Ramón Gayoso e Lucía Pérez, este especial ofrecerá as "Badaladas" desde a Berenguela, na Praza da Quintana, en Santiago

Marta Sánchez, Ana Torroja, Fangoria, Lucrecia, Melendi, Mercedes Peón, Leilía e orquestras galegas axudarán a gozar da última noite do ano

Antes de despedir o ano, a TVG ofrece en “A Gran Familia” os momentos máis inesquecibles, tenros e divertidos da progra

A Galega despide o ano coa gala "A Fin do Mundo?", entre música, humor e as "predicións de 2012"

Santiago, 31.12.2011.- Cando chega a fin do ano, moitos ditos, predicamentos e tópicos póñense a proba  para saber se se cren a ciencia cega: o da saúde, o diñeiro e logo o amor; se a vida vai ser igual ou que vai pasar coa humanidade..., son algunhas das cuestións ás que intentará responder a gala especial “A Fin do Mundo?” (22.00h), que presentan Xosé Ramón Gayoso e Lucía Pérez para acompañar os galegos na noite máis longa do ano en que se despide  2011. 

ler máis

Mucha e Nucha achegan en "Un Soño de Nadal" as súas aventuras e ilusións, co mellor humor

29/12/2011
Mucha e Nucha achegan en "Un Soño de Nadal" as súas aventuras e ilusións, co mellor humor

Santiago, 29.12.2011.- A parella humorística Mucha e Nucha, coñecida como as “Cantareiras de Ardebullo”, vivirá e compartirá con todos os galegos estas festas do Nadal, porque, namentres están traballando na limpeza das instalacións da TVG en San Marcos veranse envolvidas nun enredo de tal calibre que terán que encargarse de todas as emisións durante toda unha noite. Deste xeito poderanse entender as súas aventuras, as súas ilusións e a súa falta de medo ao destino.

ler máis