CRTVG

Buscar

CRTVG viva

Programas TVG

"Vaia Troula" volve unha temporada máis á TVG para seguir de preto as festas e romarías do verán galego

07/06/2014

Cada domingo, Nieves Rodríguez, acompañada por Bernardo Montaña, Paula Señarís e Diego Rodríguez, achegará a diversión dunha morea de celebracións, hoxe con citas en Burela, Lourizán, Ponte Caldelas e Ribadumia, entre outras (22.30 h.)

"Vaia Troula" volve unha temporada máis á TVG para seguir de preto as festas e romarías do verán galego

Santiago, 08.06.2014.-   Esta noite comeza na Televisión de Galicia unha nova temporada de “Vaia Troula” (22.30 horas), unha guía imprescindible para os espectadores que queiran coñecer e seguir de preto as festas e romarías galegas de todo tipo e condición. 

ler máis

"Bamboleo" comeza unha nova temporada, en que volverá contar con artistas consagrados e coas mellores orquestras do país

07/06/2014

Xosé Manuel Piñeiro ponse unha vez máis á fronte deste grande espectáculo, que esta noite contará coas actuacións de Falete, Diego Calviño e a orquestra Marbella (22.05 h.)

"Bamboleo" comeza unha nova temporada, en que volverá contar con artistas consagrados e coas mellores orquestras do país

Santiago, 07.06.2014.- As noites do sábado na Televisión de Galicia acollen a partir semana unha nova temporada de “Bamboleo” (22.05 h.), o grande espectáculo que presenta Xosé Manuel Piñeiro. As mellores orquestras do país e artistas ben coñecidos polos espectadores actuarán no estudio de gravación do programa.

ler máis

O programa "Luar" contará coas actuacións de María José Cantudo, Sabela e Luar na Lubre

06/06/2014

O programa, que presentan Xosé R. Gayoso e Lucía Regueiro, volve esta noite á Galega con máis música, entretemento e moito humor (22.05 h.)

O programa "Luar" contará coas actuacións de María José Cantudo, Sabela e Luar na Lubre

Santiago, 06.06.2014.- Música, diversión, humor, maxia, folclore, tradición... Estes serán un venres máis algúns dos ingredientes do programa “Luar” (22.05 horas), que esta noite recibirá a visita de Luar na Lubre, a banda folk máis internacional de Galicia, que desde hai preto de 30 anos levan recorrendo o planeta achegando a música e a cultura galegas a través da súa proposta. Ademais de deleitar os espectadores coa súa música, falarán do seu novo espectáculo, “Torre de Breoghán”, que gravarán dentro dun par de semanas xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia.

ler máis

A elección de miss Ardebullo e un calendario con Mucha e Nucha como protagonistas, en "A Casa da Conexa"

05/06/2014

O grupo Heredeiros da Crus presentará amais o seu novo traballo nesta particular vila (22.50 horas)

A elección de miss Ardebullo e un calendario con Mucha e Nucha como protagonistas, en "A Casa da Conexa"

Santiago, 05.06.2014.- Esta noite en “A Casa da Conexa” (22.50 horas) o mundo da moda chega a Ardebullo e ás vidas das súas protagonistas, Mucha e Nucha. Con moito humor, as irmás máis famosas da Televisión de Galicia achegaranlles aos espectadores as últimas tendencias da moda acabadas de chegar das pasarelas a Ardebullo, non sen antes de desvelar algúns segredos de beleza e moda dalgúns dos seus veciños. Ademais, hoxe elixirán a Miss Ardebullo e o grupo Heredeiros da Crus presentará o seu novo traballo discográfico nesta particular vila. 

ler máis

As semifinais polo título ACB entre Real Madrid-Unicaja, en directo, na tvG2 e na web da CRTVG

04/06/2014

A eliminatoria, ao mellor de cinco partidos, comeza este venres, ás 20.15 horas

As semifinais polo título ACB entre Real Madrid-Unicaja, en directo, na tvG2 e na web da CRTVG

Santiago, 04.06.2014.- A segunda canle da Galega, a tvG2, e a web da CRTVG  (www.crtvg.es/deportes) ofrecerán, en directo, a serie de semifinais da Liga Endesa polo título ACB, que disputarán o Real Madrid e o Unicaja. A eliminatoria, que se xoga ao mellor de cinco partidos, dará comezo este venres, ás 20.15 horas.

ler máis

Ana e Antonio son os protagonistas do programa "Boa Nova"

03/06/2014

A parella, dous pais experimentados, séntese como novata coa chegada dun novo bebé (23.20 h.)

Ana e Antonio son os protagonistas do programa "Boa Nova"

Santiago, 03.06.2014.- O programa da TVG “Boa Nova” (23.20 horas), que afonda nas vivencias e nas emocións de futuros nais e pais no último mes de embarazo e que acompaña a familia nos preparativos para o acontecemento, terá hoxe como protagonistas a Ana e Antonio. Xuntos agardan a Gonzalo, un bebé moi desexado que chega nunha etapa madura das súas vidas.

ler máis

A TVG estrea "Sopa de Festa", unha guía imprescindible para seguir o verán gastronómico galego (22.50 h.)

02/06/2014

O programa ofrecerá un especial monográfico dalgunha das exaltacións gastronómicas con máis sona da nosa comunidade. Hoxe, a XLVIII Festa da Troita de Ponte Caldelas, declarada de interese turístico.

 

“Sopa de Festa” preséntase cun formato  fresco, divertido e dinámico onde a cámara recollerá o espírito, o ambiente e o bo comer dos galegos.

 

A TVG estrea "Sopa de Festa", unha guía imprescindible para seguir o verán gastronómico galego (22.50 h.)

Santiago, 02.06.2014.- Que en Galicia somos de bo comer non é nada novo, que non precisamos moito para organizar unha festa arredor da mesa, tampouco. Baixo esta premisa, a partir deste luns, os espectadores da Televisión de Galicia poderán ver, ás 22.50 h., “Sopa de Festa”, un programa producido por Ficción Producciones para a TVG, que nace co obxectivo de ser unha guía imprescindible para seguir o verán gastronómico galego. 

ler máis

O peche da entrada dunha casa, unha viaxe a Suíza e unhas clases de canto estarán en liza en "Entre Familias Anda o Xogo"

31/05/2014

As familias Cortés, Fernández e Pérez competirán con moito humor esta noite ao carón de Roberto Vilar, o mestre de cerimonias (22.05 h.)

O peche da entrada dunha casa, unha viaxe a Suíza e unhas clases de canto estarán en liza en "Entre Familias Anda o Xogo"

Santiago, 31.05.2014.- A Televisión de Galicia ofrecerá esta noite unha nova edición do programa “Entre familias anda o xogo” (22.05 horas), presentado por Roberto Vilar, un concurso familiar, aderezado cunha importante dose de espectáculo, música e humor, en que cada semana participan tres parellas unidas por un vínculo familiar para conseguir un premio que desexan con forza ou que ten unha carga emocional moi significativa. 

ler máis

Os espectadores de "Luar" gozarán coas actuacións de Paloma San Basilio, Rosa Cedrón e The Quarrymen

30/05/2014

Xosé R. Gayoso e Lucía Regueiro presentarán esta nova edición, dedicada aos maios, a partir das 22.05 horas

Os espectadores de "Luar" gozarán coas actuacións de Paloma San Basilio, Rosa Cedrón e The Quarrymen

Santiago, 30.05.2014.- Xosé Ramón Gayoso e Lucía Regueiro chegan un venres máis fieis á súa cita cos espectadores da Televisión de Galicia cun completo repertorio de propostas de entretemento, musicais e de humor, que converterán esta noite nun tempo de lecer inesquecible. 

ler máis

Preparativos de voda e un famoso de incógnito en Ardebullo, nunha nova edición de “A Casa da Conexa”

29/05/2014

O cociñeiro galego Pepe Solla asesorará á parella que vai casar na elección do menú (22.50 horas)

Preparativos de voda e un famoso de incógnito en Ardebullo, nunha nova edición de “A Casa da Conexa”

Santiago, 29.05.2014.- Como ser famosa, os preparativos dunha voda en Ardebullo e a visita dun personaxe ben coñecido a esta peculiar vila serán algunhas das tramas que poderán ver esta noite os espectadores da Televisión de Galicia nunha nova edición de “A Casa da Conexa” (22.50 horas).

ler máis