CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Programación TVG

O San Miguel de Ponteareas e a Santa Minia de Brión centran este domingo a atención de "Vaia Troula"

01/10/2017

O programa (22.15 h.) tamén estará na romaría de San Cosme e San Damián de Baiona, na Festa do Chourizo ao Viño de Ponte, en Silleda, e no Mercado Medieval de Lavadores, en Vigo

O San Miguel de Ponteareas e a Santa Minia de Brión centran este domingo a atención de "Vaia Troula"

Santiago, 01.10.2017.-    O programa “Vaia Troula” viaxa este domingo ao concello pontevedrés de Ponteareas, onde celebran un ano máis a súa Festa de San Miguel. Alí haberá música de bandas, unha emotiva procesión e o espectacular lanzamento de globos que ninguén debería perder.

Pola súa parte, Antía Muíños viaxará ata o concello de Brión para vivir a romaría de Santa Minia. No seu día grande, milleiros de persoas acoden a esta festa, que é unha das máis agardadas do calendario outonal.

A reporteira Ariadna Leis irá a Baiona para gozar da romaría de San Cosme e San Damián, que remata cunha Feira de Noces e Mel moi concorrida. E Belén Vara achegarase a Silleda para celebrar con todos os veciños da parroquia de Ponte unha nova edición da Festa do Chourizo ao Viño.

As cámaras de “Vaia Troula” tamén estarán presentes nas Festas de San Miguel de Monterroso, na romaría de San Breixo, en Barro, e no Mercado Medieval de Lavadores, na cidade de Vigo.
    
A romaría de San Campio de Outes, a Festa de San Miguel da Torre, en Vilagarcía de Arousa, e a Festa da Fabada da Laracha completan as propostas do programa deste domingo.
    
Ademais, coma sempre, “Vaia Troula” ofrecerá as actuacións dos mellores grupos e orquestras do momento.

ler máis

"Sopa de Festa" amosaralles esta noite aos espectadores todo canto aconteceu na Festa do Viño Tinto do Salnés

09/06/2014

O equipo de reporteiros compartiu cos veciños, visitantes e organizadores o ambiente festeiro da exaltación dun dos produtos con máis sona da zona (22.10 horas)

"Sopa de Festa" amosaralles esta noite aos espectadores todo canto aconteceu na Festa do Viño Tinto do Salnés

Santiago, 09.06.2014.- A gastronomía, o viño, a festa, a diversión e o bo comer dos galegos volverá quedar patente este luns na Televisión de Galicia cunha nova edición do recentemente estreado “Sopa de Festa”. A partir das 22.10 h. o equipo de reporteiros do programa amosará todo canto aconteceu na XLII Festa do Viño Tinto do Salnés, que se desenvolveu ao longo da fin de semana en Ribadumia. 

ler máis

Nova xuntanza dos oíntes de “Pensando en Ti” en Cerceda

16/06/2013

O presentador Marcial Mouzo reencontrouse cos seguidores incondicionais do programa da Radio Galega  

 

Esta xornada de convivencia foi tamén todo un éxito de asistencia, reunindo unhas 10.000 persoas no parque acuático

Nova xuntanza dos oíntes de “Pensando en Ti” en Cerceda

Santiago, 16.06.2013.- Os oíntes de “Pensando en Ti”, o espazo da Radio Galega máis trasnoitador, volveron celebrar este domingo a súa festa anual, que tivo lugar no parque acuático de Cerceda. Esta cita foi tamén moi especial tendo en conta que o director e presentador do programa, Marcial Mouzo, reencontrouse en persoa de novo cos seus oíntes, xa que levaba varios anos ausente da faixa das madrugadas ata o seu retorno na actual temporada.

ler máis

O mundo académico da comunicación expresou en Tarragona o seu pleno apoio ao servizo público das radios e televisións

20/01/2012

O congreso da Asociación Española de Investigación de la Comunicación reivindicou o papel das canles autonómicas como elementos necesarios para protexer a diversidade cultural e a democracia

Nunha mesa redonda cos responsables das cadeas máis consolidadas, a directora da TVG incidiu na aceptación social da Galega, no seu baixo custo, nas súas contas saneadas e no seu gran pulo á lingua e á industria audiovisual

O mundo académico da comunicación expresou en Tarragona o seu pleno apoio ao servizo público das radios e televisións

Santiago, 20.01.2012.- A Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AEIC), reunida hoxe en Tarragona con motivo do seu III Congreso de la Universitat Rovira i Virgili, manifestou o seu pleno apoio á permanencia e desenvolvemento do sistema de Servizo Público de Radio e Televisión, tanto de RTVE coma das canles públicas autonómicas agrupadas na FORTA -Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicas-. A AEIC fixo estas declaracións tras desenvolverse unha sesión plenaria dedicada ás televisións autonómicas, en que participaron os/as responsables de Canal Sur, Euskal Telebista, TV3 (Cataluña) e Televisión de Galicia.

ler máis