CRTVG viva
As directoras da TVG e da RG inciden no labor educativo dos medios públicos galegos fronte á violencia de xénero
Rosa Vilas presentou, xunto á responsable da emisora pública e á secretaria xeral de Igualdade da Xunta, un curso sobre o tratamento informativo da igualdade
Para Rosa Martínez, a emisora pública galega cumpre escrupulosamente unha función de concienciación, facendo fincapé nas consecuencias negativas da violencia de xénero
Susana López afirmou que “os medios contribúen &a

Santiago, 10.06.2013.- “Unha televisión e unha radio públicas teñen que educar”. Así se referiron hoxe Rosa Vilas e Rosa Martínez ao papel distintivo que os medios públicos galegos teñen que desenvolver para facer fronte á violencia de xénero. A TVG e a Radio Galega, conscientes do seu labor como servizo público e da súa facultade para visibilizar e sensibilizar sobre a eiva social da violencia de xénero, presentaron este mediodía na sede central da CRTVG en San Marcos, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, un curso sobre o tratamento informativo da igualdade nos medios, dirixido a informadores, que impartirá Pilar López, doutora en Comunicación e experta en comunicación e xénero.