CRTVG Viva
Moda
ler máis
A Galega ofrece a pasarela PONTUS VETERIS coas propostas en moda para o outono-inverno 2011/2012
18/05/2011
Presentan as súas novas coleccións, as firmas Florentino, Araújo, Vidrio, Olga Santoni e Miguel de Luna

Santiago, 18.05.2011.- Cunha estética neorrenacentista hoxe poderá verse pola TVG, ás 01.15 horas, e na tvG2 (23.00h), o certame de moda galego PONTUS VETERIS, presentado por Mon Santiso. Desde o recinto feiral de Pontevedra, daranse cita as firmas Florentino, Araújo, Vidrio, Olga Santoni e Miguel de Luna para presentar as coleccións outono e inverno 2011 e 2012.