CRTVG viva
Os medios públicos galegos súmanse á festa das Letras cunha programación especial durante esta semana
A TVG ofrecerá dous documentais sobre Xosé María Díaz Castro e senllas edicións especiais dos programas culturais “ZigZag Diario” e “ZigZag-Eirado”, ademais de emitir dúas pezas de animación baseadas nos versos do escritor
A Radio Galega, que realizou un intenso traballo de recuperación de gravacións orixinais do autor, programa o venres unha edición monográfica do “Diario Cul

Santiago, 12.05.2014.- Un ano máis, os medios públicos galegos vólvenlle prestar unha grande atención ao Día das Letras Galegas, cunha programación especial, durante toda esta semana, dedicada ao autor homenaxeado este ano, o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro (1914-1990), artífice dun dos cumios da poesía galega moderna, a obra “Nimbos”. Ademais da cobertura informativa dos principais actos e actividades que se desenvolvan ao longo da semana con motivo da efeméride, a Televisión de Galicia achegaralles aos espectadores, a través de distintos programas especiais e documentais, a vida e obra do escritor natural de Guitiriz.
Así, Díaz Castro será o protagonista do espazo “Cada día un libro” desde hoxe ata o venres; mentres que o espazo cultural da tvG2 “ZigZag Diario” ofrecerá ao longo de toda a semana entrevistas a distintos persoeiros, de diferentes disciplinas artísticas, relacionados dalgún xeito co autor homenaxeado. O punto de partida será este luns cunha entrevista ao presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
O venres, véspera do Día das Letras Galegas, emitirase, a continuación do “Telexornal Mediodía”, “O instante eterno”, un documental de carácter biográfico sobre Xosé María Díaz Castro, realizado por Xosé Antón Cascudo.
A TVG e a Consellería de Cultura presentaron dúas pezas audiovisuais para a difusión da obra poética de Díaz Castro
Rosa Vilas e Anxo Lorenzo indicaron que estes microespazos animados con versos do poeta emitiranse na canle autonómica a partir do próximo 12 de maio
A directora da Galega avanzou a programación especial da canle pública na Semana das Letras e salientou "a calidade e a creatividade das dúas pezas realizadas por Algarabía" e "o gran traballo da Radio Galega na recuperación das gravacións orixinais de Díaz Castro"
O obxectivo de

Santiago, 09.05.2014- A Televisión de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborarán coa difusión pública da obra de Xosé María Díaz Castro, a través de dúas pezas audiovisuais, realizadas a partir dos versos do escritor, ao que a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
As dúas pezas, que se emitirán na Televisión de Galicia a partir do vindeiro día 12 e durante o mes de maio, foron presentadas esta mañá pola directora da canle autonómica, Rosa Vilas, e polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.