CRTVG

Buscar

CRTVG viva

Concursos

Os concursos de Nadal da web da CRTVG xa teñen gañadores

11/01/2012

Uxía Caride foi seleccionada no certame "Cal é a túa?", onde os usuarios amosaron os seus propósitos e desexos para 2012

En "Os adornos de Nadal", a proposta de Bruno Pena resultou premiada no apartado de mellor árbore; Óscar Torres no de mellor belén; e David Torres no de casa mellor adornada

Os concursos de Nadal da web da CRTVG xa teñen gañadores

Santiago, 11.01.2012.-      Os concursos postos en marcha pola CRTVG a través da súa páxina web para celebrar o Nadal facendo protagonistas os seus usuarios xa teñen gañadores. No concurso "Cal é a túa?", que durante o último mes se converteu en testemuña dos bos propósitos e desexos dos galegos para este 2012, resultou seleccionada a proposta de Uxía Caride Blanco, nun formato en que se buscaban as achegas máis orixinais e creativas. A gañadora recibirá como premio un televisor de pantalla TFT de alta definición de 26 polgadas, con reprodutor DVD compatible con MPEG4 (XviD).

ler máis

Os grupos Desequilibrio Mental, Alto Asalto e Batital, gañadores do concurso "Novo Son" da Radio Galega

11/05/2011

Os galardoados polo Xurado nas categorías de pop-rock, músicas urbanas e músicas do mundo participarán no Festival Derrame Rock, que se celebrará en Ourense a finais de xuño

Neste certame compartirán cartel con bandas como Los Suaves, Ojos de Brujo, Def con Dos, Siniestro Total, Lamatumbá, Molotov e Ruxe Ruxe, entre outras

Curva á Esquerda, Tu Mujer Nos Engaña e La Comandancia foron os máis votados pola

Os grupos Desequilibrio Mental, Alto Asalto e Batital, gañadores do concurso "Novo Son" da Radio Galega

Santiago, 11.05.2011.- O concurso “NOVO SON”, posto en marcha pola Radio Galega para descubrir novos talentos da música do país nos diferentes xéneros musicais, xa ten gañadores. As bandas Desequilibrio Mental, coa canción “Desencontro”; Alto Asalto, con “Cambiar o adobo”; e Batital, con “A muiñeira da lúa chea”, foron galardoados polo xurado do certame nas categorías de pop-rock, músicas urbanas e músicas do mundo respectivamente.

ler máis