CRTVG Viva
A CRTVG presenta en Polonia os resultados do recente Congreso de CIRCOM en Compostela
Foi convidada pola televisión pública do país a participar nunhas xornadas sobre o valor da televisión rexional
O director de Comunicación da CRTVG compartiu unha mesa redonda co ministro polaco de Dixitalización e con representantes da TVP e da Universidade

A CRTVG presenta no Congreso de Circom o seu Laboratorio de Innovación Audiovisual
A finalidade de Labovisión é experimentar nos novos formatos para converterse nunha factoría de ideas e nun banco de probas de novos proxectos
O director de Comunicación do ente público, Fernando R. Ojea, participou, xunto a directivos de Croacia e Irlanda, nunha sesión dedicada á colaboración das televisións con universidades e centros educativos
Santiago, 10.05.2013.- A CRTVG presentou hoxe, no marco do 31ª Congreso de Circom Rexional, o seu proxecto de Laboratorio de Innovación Audiovisual, denominado Labovisión de Galicia. Esta iniciativa, orientada á procura de novas tendencias audiovisuais, pretende promover e apoiar a creación de talento no noso país. A finalidade de Labovisión é experimentar nos novos medios e nos novos formatos, de xeito que a CRTVG se convirta nun escaparate e nun banco de probas de novos proxectos.
Segundo o director de Comunicación da CRTVG, Fernando R. Ojea, que participou nunha sesión do Congreso dedicada á colaboración con universidades e centros educativos, “esta factoría de ideas está aberta a estudantes, investigadores e profesores, xa que esta é unha excelente maneira de cooperación“. De feito, un dos proxectos do ente público galego, denominado “segunda pantalla“, conta coa colaboración de profesores universitarios. Ademais, Ojea fixo un chamamento a toda a sociedade a traballar xunta de cara á innovación audiovisual.
Xunto a Ojea, directivos doutras canles europeas afondaron na necesidade de colaboración entre as televisións rexionais e as institucións de educación superior. Cursos de formación, contratos de prácticas, programas de investigación e novos formatos foron sinalados como imprescindibles para crear sinerxías na era dos medios dixitais.
Destacan a importancia audiovisual no proxecto de cidadanía europea presentado no congreso das televisións rexionais europeas en Santiago
Nas sesións matinais salientaron tamén as fórmulas do novo xornalismo como as redaccións integradas e o xornalismo móbil

Santiago.10.05.2013.- A data de hoxe é o punto de partida oficial para o proxecto impulsado polo Parlamento Europeo sobre a ciudadanía europea. O anuncio foi feito no congreso que organiza a CRTVG por Alexandre Pletser, delegado belga da RTBF. Segundo Pletser, todos os países que conforman a Europa comunitaria teñen desde hoxe a posibilidade de acceder a fondos e axudas financeiras que desenvolvan proxectos cara a consolidación dunha cidadanía europea e, en xeral, incrementar a conciencia común dos habitantes do vello continente. Esta proxecto tamén implica o mundo audiovisual con importantes beneficios para as coproduccións e a cooperación entre as distintas televisións.
No programa de actividades matinais tiveron lugar tamén interesantes debates concentrados nas novas fórmulas de xornalismo para radio e televisión. Entre elas destacou o exemplo noruegués de xornalismo mobil. Jonh Inge Johansen explicou polo miúdo como unha soa persoa pode desenvolver o traballo de todo un equipo como rexistrar son, gravar imaxes, editar ou transmitir informacións. Os adiantos tecnóloxicos neste aspecto facilitan este labor flexibilizan o traballo dos xornalistas sen desbotar a calidade tanto técnica como de contidos.
Por outra parte, finlandeses, belgas e húngaros amosaron ós congresistas as experiencias sobre as redaccións integradas, nas que un profesional pode atender e distribuir o seu traballo para diferentes medios tanto sexa televisión, radio ou medios en liña.
O presidente da RTP anuncia no congreso de Circom o incremento da colaboración coa CRTVG
Tras a súa participación no Congreso de Circom, hoxe venres Alberto da Ponte asinará un convenio de colaboración co director xeral da CRTVG
Santiago. 10.05.2013.- O presidente do Consello de Administración da Radio Televisión Portuguesa (RTP) Alberto da Ponte afirmou que as coincidencias culturais, lingüísticas e sociais de Galicia e Portugal deben ser afirmadas con máis intensidade no campo audiovisual. Alberto da Ponte fixo estas declaración no auditorio da Facultade de Comunicación de Santiago onde teñen lugar os debates principais do 31º Congreso de Circom Rexional, o organismo que abrangue as televisións rexionais europeas de 34 países. O alto directivo da RTP concretou que esta iniciativa vaise ver reflexada no convenio de colaboración coa CRTVG que se asinará hoxe venres e que inclúe intercambio de programas, incentivos de coproducción e a intensificacións das relación profesionais entre ámbalas dúas compañías públicas de radio e televisión.
Por outra parte, Alberto da Ponte explicou públicamente o actual plano de reestructuración da RTP no que finalmente se ten desbotada a privatización da canle pero sí importantes axustes, que rematarán no 2015, para salvagardar o servizo público de televisión en Portugal. Entre estas medidas anunciou o pago dun canon de 2,25 € por familia/mes.
Cumio da Forta en Santiago
Por outra parte, os doce directores xerais da Forta (Federación de Organizacións de radio e televisión autonómicas) mantiveron una sesión plenaria en Santiago con motivo da partipación no Congreso de Circom. Os máximos executivos das radio e televisión públicas autonómicas españolas avanzaron no habitual calendario de cooperación dentro do actual escenario de competencia televisiva e crise económica.
Nas sesión vespertinas de onte do Congreso houbo debates especializados en asuntos de máxima actualidade no ámbito audiovisual europeo como o video xornalismo nos países nórdicos, os avances tecnolóxicos de última xeración presentados pola compañía Televés e o xornalismo de investigación onde se amosaron casos da primavera árabe ou da situación das repúblicas exsoviéticas. Por último os congresistas puideron escoitar os gañadores das mellores producción das televisión rexionais europeas do último ano en materia de magazines, ficción, deportes e programas orixinais.
Na foto, Alberto da Ponte (a dereita), presidente da RTP que foi presentado por Fernando R.Ojea (a esquerda), Director de Comunicación da CRTVG e Vicepresidente de Circom.
O presidente da Xunta cualifica a Televisión de Galicia como "a memoria da nosa autonomía"
Sánchez Izquierdo destaca que a pesar da diversidade europea hai un sentimento común na defensa dos sistemas públicos de comunicacion
Inaugurado en Santiago o 31º Congreso de Circom Rexional coa asistencia de delegados e profesionais das televisión rexionais públicas de 25 países europeos.
Un documental de investigación sobre un fraude empresarial sueco en Uzbequistan, Gran Premio Circom 2013
Os Prix Circom están considerados os mellores de Europa nas producións audiovisuais das televisións rexionais
A entrega foi no transcurso dunha Gala celebrada no Hostal dos Reis Católicos de Santiago como preámbulo do 31º Congreso de CIRCOM Rexional ao que asisten preto de 300 delegados de toda Europa
Santiago, 09.05.2013.- O programa da televisión sueca (SVT) “Teliasonera-The Uzbek affair" foi o gañador entre as dez candidaturas finalistas das mellores producións rexionais europeas que se deron cita na Gala celebrada onte no Hostal dos Reis Católicos. Este espazo de xornalismo de investigación relata o intenso traballo dun grupo de xornalistas suecos que descubriron unha trama de intereses económicos fraudulentos entre una compañía telefónica sueca con seus contactos en Uzbequistan. A Gala é o preámbulo do 31º Congreso de CIRCOM Regional, o organismo que abrangue a 260 estacións de televisións rexionais de 34 países europeos e que se celebra hoxe xoves e mañá venres na Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago, organizado pola CRTVG.
O proxecto da segunda pantalla da TVG será presentado no congreso das televisións rexionais europeas que comeza mañá en Santiago
O director xeral da CRTVG destacou que a pesar da diversidade europea os distintos países amosan coa súa presenza en Compostela o seu interese común polo sistema público de comunicación audiovisual
O sector audiovisual galego e a empresa de telecomunicacións Televés tamén participarán nas sesións do Congreso de Circom Regional, que organiza a CRTVG
Santiago, 08.05.2013.- O proxecto de segunda pantalla de televisión será unha das novidades que a Televisión de Galicia presentará no marco do 31º Congreso de Circom Regional, o organismo que abrangue 250 televisións rexionais de 34 países europeos e que se celebrará a partir de mañá xoves na facultade de Comunicación de Santiago de Compostela. Como preámbulo, na noite de hoxe haberá unha gala no Hostal dos Reis Católicos, retransmitida en streaming pola internet e en diferido pola tvG2, onde se outorgarán os premios ás mellores producións rexionais europeas.
Directivos de televisións públicas rexionais de 25 países comezan en Santiago un cumio do sector audiovisual europeo
Á 31ª Conferencia Anual de CIRCOM Regional, a rede europea de televisión, asisten, entre outros, directivos da BBC, Euronews, SVT, RTBF, RTP ou FORTA
A reunión, organizada pola Televisión de Galicia leva por lema “The Way Forward” (O camiño a seguir). Haberá debates sobre o papel das TV rexionais na sociedade, a aplicación das redaccións integradas e as solucións á crise económica desde os medios
Santiago, 07.05.2013.- Directivos de televisións públicas de 25 países europeos asisten desde hoxe martes en Santiago ás reunións previas da 31ª Conferencia Anual de CIRCOM, a asociación europea da televisión rexional que terá lugar este xoves e venres. A cita está organizada pola emisora pública Televisión de Galicia (TVG), baixo o lema "O camiño a seguir" (The Way Forward), facendo honra á cidade meta do Camiño de Santiago.
O curso internacional de xornalismo móbil comeza en Santiago impartido por expertos europeos
O obxectivo é a aplicación dos dispositivos móbiles na gravación, edición e transmisión de noticias para televisión e medios en liña
18 alumnos de 12 nacionalidades asisten desde hoxe a intensas xornadas de especialización impartidas polos mellores expertos europeos

Santiago, 03.05.2013.- A organización CIRCOM Regional (CR), que abrangue a máis de 200 compañías de televisión europeas entre elas a CRTVG, inaugura hoxe venres en Santiago un obradoiro especializado no chamado “xornalismo móbil”. O obxectivo e dar a coñecer os novos adiantos tecnolóxicos e as diferentes aplicacións utilizadas desde os dispositivos móbiles xa sexan teléfonos intelixentes, Ipad, tablets, portátiles, etc... O curso, en inglés, está dirixido polo profesor galés Karol Cioma, director dos proxectos de formación de Circom, e expertos como Glen Mulcahy (RTE Irlanda), Darko Flajpan (HRT Croacia) e John Inge Johanson (NRK Noruega). Nas dependencias do mosteiro de San Martiño Pinario, sede do curso, asisten un total de 18 alumnos xornalistas de 12 nacionalidades europeas. Un deles pertence á Facultade de Comunicación da USC, obedecendo a un dos moitos acordos que estipula o convenio entre esta entidade e a CRTVG para todas as actividades de Circom en Santiago.
Holandeses, búlgaros e suecos foron os que máis galardóns coparon dos Prix Circom que se entregan en Santiago o 8 de maio
19 países presentaron candidaturas os mellores premios das televisións rexionais europeas este ano
A entrega farse nunha Gala especial, transmitida pola TVG e dentro dos actos do congreso anual de Circom Regional

Santiago, 27.04.2013.- Un total de 156 programas foron presentados por televisións de 19 países europeos á edición deste ano dos afamados Prix Circom, que organiza Circom Regional, o ente que abrangue as máis de duascentas televisións rexionais de toda Europa. Os premiados foron dez correspondentes as diferentes categorías de documentais, magazines, video xornalismo, deportes, minorías sociais, investigación, estrela emerxente, ficción/drama e interacción social. A entrega de premios terá lugar o vindeiro 8 de maio nunha gala especial no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, organizada pola CRTVG, e que será emitida pola Televisión de Galicia.