CRTVG Viva
A CRTVG baila ao son de 'Xunto a ti' de Plan Siberia, gañadora do concurso da canción do verán
Entre a elevada participación con 57 pezas presentadas, o xurado valorou o alto nivel e a variedade de estilos das aspirantes, e o “son diferente” do premiado
O tema triunfador pode escoitarse xa en www.crtvg.gal/acanciondoveran e, ao longo do verán, estará presente nos distintos programas dos medios públicos galegos
Santiago, 23.06.2017.- Desde hoxe a Galega xa ten a súa canción favorita para este verán. “Alegre, fresca, actual e diferente” son as calidades que decantaron o xurado para escoller 'Xunto a ti' de Plan Siberia como gañadora do concurso Este verán canta con nós. Gabriel Blanco é o seu autor e quen, co nome de Plan Siberia, recibirá o primeiro premio na súa carreira musical, nun certame que contou cunha alta participación, con 57 candidaturas.