CRTVG Viva
ESTEREOSCOPÍA, de Xacio Baño, recibe en Curtocircuíto o Premio Especial Mellor Curta Galega, que patrocina a TVG
O galardón da canle pública consiste en mercar os dereitos de emisión da curta gañadora
A semana oficial do VIII Festival Internacional de Curtametraxes despediuse esta fin de semana coa entrega de premios

Santiago, 16.05.2011.- A curtametraxe "Estereoscopía", do autor Xacio Baño, resultou gañadora do Premio Especial Mellor Curta Galega, que patrocinou a Galega no VIII Festival Internacional de Curtametraxes. O premio que concede a Televisión de Galicia neste certame, coñecido comoCurtocircuíto, consiste en mercar os dereitos de emisión da obra gañadora.
A semana oficial do Festival Internacional de Curtametraxes, desenvolvida en Compostela entre o 6 e o 15 de maio, recoñeceu un total de once categorías, distribuídas en tres seccións (Internacional, Compostelae e Explora). Ademais da Mellor Curta Galega, Curtocircuíto concedeu o Premio RTP-Onda Curta, a Mención Especial Xurado Novo, o Gran Premio Explora, o Mellor Documental Compostelae, a Mellor Animación Compostelae, a Mellor Ficción Compostelae, oMellor Documental Internacional, a Mellor Animación Internacional, a Mellor Ficción Internacionale o Premio do Público.
Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, naceu en 2004 coa vocación de potenciar e premiar a creación audiovisual no eido da curtametraxe