CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Este mércores, fútbol por radiogalega.gal

23/02/2021

A primeira cita deportiva que ofrece a emisora pública é o derbi galego entre o Rácing de Ferrol e o Celta B

Este mércores, fútbol por radiogalega.gal

Santiago, 23.02.2021.-  Outro mércores de fútbol o que poderán vivir os oíntes da Radio Galega a través da páxina web radiogalega.gal, aplicacións móbiles e tamén pola conta de Twitter galiciangoles. Desde as cinco menos cinco da tarde, Paco Santos presenta máis de cinco horas de retransmisións.

A primeira cita é na Malata, co derbi Rácing de Ferrol-Celta B da Segunda División B. Raúl Villares e Roberto Carlos Carballo trasladarán a emoción do fútbol nun encontro que afecta tamén aos outros equipos galegos implicados na pelexa por ascender ou permanecer.

Desde as sete e media, o interese pasará pola Terceira División con tres citas: o derbi local Fabril-Silva, o Bergantiños-As Pontes e o Paiosaco-Fisterra. Ademais, o programa estará pendente do balonmán feminino coa disputa do Guardés-Málaga da máxima categoría, no pavillón da Sangriña.

Na FM, os oíntes poderán estar informados do que pasa nesta xornada ás 20.30 horas no espazo de deportes de 'A Crónica' e, a partir das 23.00 horas, 'Ao contraataque' falará cos principais protagonistas.