CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Desde o martes na Radio Galega hai un novo espazo: 'O buscador'

21/07/2020

O programa, presentado por Carlos Reboreda, indaga no arquivo da RG e axuda os oíntes a atoparen contidos a través da plataforma radiogalega.gal

Desde o martes na Radio Galega hai un novo espazo: 'O buscador'

Santiago, 21.07.2020.-    A Radio Galega inaugurou este martes, ás 22:00 horas, un novo programa, ‘O buscador’, dirixido por Carlos Reboreda. Este espazo, de emisión diaria, indagará no arquivo da RG e tamén nos mellores contidos ofrecidos esta temporada.

Reboreda conduce este programa cun formato similar ao dun buscador de Internet e demostraralles aos oíntes que eles tamén poden atopar contidos a través da plataforma radiogalega.gal, igual que o fan os profesionais da Radio Galega. Ademais, ‘O buscador’  ensinaralle á audiencia a facer a devandita busca.

Neste espazo, a Radio Galega emitirá contidos de programación rechamantes ou que tiveron repercusión por diferentes motivos e haberá cabida tamén para temas de divulgación, de música e mesmo de humor. A través dun formato entretido e relaxado, a emisora pública autonómica pretende acompañar cada día ás 22:00 h a todos os galegos e galegas mentres viaxan no coche, á volta da praia ou mesmo na casa durante este verán.