CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Esta noite, en 'Serramoura', Marga e Roi teñen 48 horas para demostrar a teoría de que Raquel segue con vida

18/10/2020

O dispositivo de busca continúa sen dar resultado e os equipos de rescate non atoparon ningún rastro do pequeno Monchiño

Esta noite, en 'Serramoura', Marga e Roi teñen 48 horas para demostrar a teoría de que Raquel segue con vida

Santiago, 18.10.2020.-  No capítulo desta noite de ‘Serramoura’ (22.35 h), o dispositivo de busca que puxo en marcha o posto de mando segue sen dar resultado e os equipos de rescate non deron con ningún rastro do pequeno Monchiño. Con todo, a teoría de Roi de que Raquel segue con vida e que Moisés e Pedro son a mesma persoa, ten cada vez máis sentido.

O tenente Penedo dálles un prazo de 48 horas a Marga e Roi para probar a nova teoría, pero, se non atopan nada firme, terán que abandonar esa liña de investigación.

Mentres tanto, Raquel e Monchiño viven alleos a todo o que acontece en Serramoura. Desde que Moisés levou a Monchiño ata a cabana, Raquel non fixo outra cousa que pensar nunha forma de escapar, pero o medo ao seu secuestrador xoga na súa contra.