CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

En directo, en "Galicia Viva", amosarase capoeira e o único restaurante Yakinuki en Europa, que utiliza a barbacoa xaponesa ao xeito tradicional

15/11/2017

Coñecerase tamén unha muller que, ademais de criar galiñas, preséntaas a certames de beleza 

En directo, en "Galicia Viva", amosarase capoeira e o único restaurante Yakinuki en Europa, que utiliza a barbacoa xaponesa ao xeito tradicional

Santiago, 15.11.2017.- Esta tarde, os espectadores da Televisión de Galicia poderán ver unha nova edición de “Galicia Viva” (18.55 h.), con conexións en directo moi dinámicas e reportaxes curiosas, onde os protagonistas serán os galegos e galegas.

Hoxe, en directo desde Vigo, verase en exclusiva para os seguidores de “Galicia Viva” o único restaurante Yakinuki en Europa, que utiliza a barbacoa xaponesa ao xeito tradicional. Desde este punto achegarase a preparación deste prato tradicional.

O programa tamén asistirá en directo a clases de capoeira. Un grupo de expertos ensinará esta danza tradicional brasileira que cada vez gaña máis adeptos en Galicia na súa práctica.

E, en Betanzos, coñecerase a Carmen, unha muller que se dedica a criar galiñas de diversas razas tendo ata 400 exemplares. Pero ademais da cría, Carmen tamén se dedica a 'poñer guapas estas galiñas' para presentalas a distintos certames de beleza de aves.