CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A gala do décimo aniversario de 'Efervesciencia' da Radio Galega, todo un éxito de convocatoria e seguimento

02/10/2017

A cita, desenvolvida no Teatro Principal de Santiago de Compostela, foi ofrecida, amais, en streaming na web da Corporación e a través de Facebook Live no perfíl da Radio Galega

A gala do décimo aniversario de 'Efervesciencia' da Radio Galega, todo un éxito de convocatoria e seguimento

Santiago, 02.10.2017.-  A gala de 'Efervesciencia' da Radio Galega, coa que o programa celebrou este sábado os seus dez anos en antena, foi todo un éxito de asistencia e seguimento. Cun cheo total, este evento aberto ao público no Teatro Principal de Santiago de Compostela, tivo ampla repercusión nas redes sociais. A celebración puidose seguir, amais, en streaming na web da Corporación (http://www.crtvg.es/) e a través de Facebook Live no perfíl da Radio Galega.

'Efervesciencia' é un programa financiado pola FECYT, a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, que fala cada domingo (15.00 h.) nos micrófonos da Radio Galega de ciencia, de astronomía, de cultura dixital, de investigación, e trata de achegar a ciencia ao público xeral, desenvolvendo un importante labor pola divulgación e a ciencia feita en Galicia baixo a dirección do comunicador Manuel Vicente.

Na gala do sábado, que levou por título 'Férveche a mente', houbo música en vivo, investigadores como convidados, así como colaboradores e divulgadores que pasaron polos micros do espazo de ciencia da emisora pública galega nesta década, e algunha que outra sorpresa.

Galería de imaxes