CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Edición monográfica de "Eirado" dedicada a Rosalía de Castro, na tvG2

23/02/2013

O programa achegarase á figura dunha escritora imprescindible nas nosas letras, da que mañá fai o 176 aniversario do seu nacemento

Edición monográfica de "Eirado" dedicada a Rosalía de Castro, na tvG2

 

Santiago, 23.02.2013.- O programa “Eirado” ofrecerá hoxe unha edición especial dedicada a Rosalía de Castro, unha figura indispensable na literatura do século XX, da que fai mañá o 176 aniversario do seu nacemento, e cuxa obra máis emblemática, “Cantares Gallegos”, considerado o primeiro gran texto da literatura galega contemporánea, fará 150 anos este 2013.

Para achegarse á figura de Rosalía de Castro, o espazo da tvG2 presentado por Pemón Bouzas contará coa colaboración do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e da profesora de literatura Mercedes Queixas Zas, quen falará da análise de “Cantares Gallegos” na escola.

Os versos de Rosalía tamén serán protagonistas da música en vivo que esta noite ofrecerá “Eirado”, que contará coa actuación de Davide Salvado interpretando “Negra Sombra”, unha das cancións galegas máis versionadas.