CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Dous pintamonas de primeira, os actores Javier Veiga e Antonio Garrido, visitan este xoves o 'Land Rober Tunai Show'

25/11/2021

Na véspera do Black Friday, o espazo da TVG amosará en primicia que pasa coa xente que non tolea polos descontos e, ademais, entrará nas casas dos seus seguidores nunha nova entrega de "Pasa prá casa"

Dous pintamonas de primeira, os actores Javier Veiga e Antonio Garrido, visitan este xoves o 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 25.11.2021.-  Land Rober Tunai Show (21:55 h) recibe este xoves dous pintamonas de primeira: os actores Javier Veiga e Antonio Garrido. Veiga vai demostrar que é un verdadeiro grovense enfrontándose aos Marisquetes. A ver se descobre quen é o intruso niso de comer marisco, que ao parecer sabe moito. Por se fose pouco, os espectadores tamén verán a Javier Veiga na pel dun conselleiro e, ademais, terá unha encarga especial para a peculiar parella de protección civil do programa.

Na véspera do Black Friday, o espazo da TVG amosará en primicia que pasa con esa xente que non tolea polos descontos. Ademais, o Land Rober Tunai Show entrará  nas casas dos seus seguidores nunha nova entrega de "Pasa prá casa". Con quen vivirán?

Ademais, a audiencia e o público deben estar moi atentos, xa que poden gañar lotaría de João Simões. Isto e moito máis, esta noite, con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo.