CRTVG Viva
À Punt acolle unha xornada sobre Documentación audiovisual de canles de FORTA
Na reunión de traballo participan as responsables dos servizos de Arquivo de 10 canles autonómicas, entre elas CRTVG

Santiago, 25.11.2022.- A radiotelevisión valenciana À Punt acolle este venres unha xornada de traballo que reúne 10 responsables de Documentación e Arquivo de canles autonómicas de FORTA e que ten como obxectivo poñer en valor o servizo de Arquivo nos medios medios audiovisuais.
Nesta reunión de traballo participan as arquiveras Mª Jesús López (Corporación de Radio e Televisión de Galicia), Montse Catalá (Corporació Catalana de Mitjans de Comunicació), Isabel Arrue (iB3), Mª Ángeles Martín (Radio Televisión de Andalucía), Blasa Naranjo (Telemadrid), Pilar Laín (Corporació Aragonesa de Ràdio i Televisió), Encina Murga (Radiotelevisión de Castilla La Mancha), Inma Alcázar e Purificación García (Radiotelevisión de la Región de Murcia), e Mª del Carmen García (Ente Público Radiotelevisión Canaria).
Ao preguntarlles por esta maioría de mulleres como xefas de Documentación, explican que se debe á formación, xa que hai anos as mulleres estudaban máis carreiras de letras e os homes de ciencias, aínda que advirten que a tendencia está cambiando.
As participantes na xornada coñeceron in situ o sistema de Documentación de À Punt Mèdia e debateron sobre como mellorar este servizo, esencial nun medio de comunicación, as tendencias de futuro ou as estratexias para mellorar o servizo. O encontro puxo o foco tamén nas consecuencias do uso dun arquivo aberto en televisión, destacando a necesidade de dixitalizar os fondos documentais, entre outras cosas, para a súa comercialización.