CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Dépor-Sevilla e Celta-Barça, na edición especial de 'Galicia en Goles' deste martes

17/04/2018

A Radio Galega ofrecerá en directo a partir das 19.00 h. dous partidos decisivos para o futuro dos equipos galegos

Dépor-Sevilla e Celta-Barça, na edición especial de 'Galicia en Goles' deste martes

Santiago, 17.04.2018.-    Martes de fútbol na Radio Galega. A partir das 19.00 h., Roberto Carlos Carballo dirixe a retransmisión dunha edición especial de 'Galicia en Goles' con dous partidos decisivos para o futuro dos equipos galegos.

O primeiro en xogar é o Deportivo, que recibe en Riazor o Sevilla. Javi Torres, César Méndez e Xosé Manuel Traba trasladaranlle á audiencia un encontro en que o cadro coruñés buscará a terceira vitoria consecutiva para seguir recortando puntos co Levante. Os telespectadores de Bein Sports poderán escoitalo a través da canle de audio reservada pola canle televisiva para a Radio Galega.

Os últimos quince minutos de Riazor coincidirán co comezo en Balaídos do Celta-Barça. Xaime Escudeiro, Pedro Pablo Alonso, Moncho Carnero e Tomás Alonso estarán no estadio para transmitir o obxectivo galego: derrotar o líder para manter as opcións de entrar en Europa. Neste caso, os telespectadores de Movistar Partidazo tamén terán a oportunidade de seguir este partido pola canle de audio de Radio Galega na plataforma televisiva.

A emisión do 'Galicia en Goles' prolongarase ata as 12.00 h. para escoitar aos adestradores e xogadores protagonistas en Riazor e Balaídos.