CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Cruz Vermella agradece o apoio das empresas galegas, entre elas a CRTVG

08/11/2019

 

 

Cruz Vermella agradece o apoio das empresas galegas, entre elas a CRTVG

Santiago, 08.11.2019.-  A Cruz Vermella recoñeceu onte en Santiago a colaboración das empresas que apoian a súa acción social na comarca de Compostela nun acto en que se explicou tamén o desenvolvemento e resultados do seu plan de emprego para persoas en risco de exclusión, que a entidade leva a cabo en colaboración con pequenas, medianas e grandes empresas galegas.

Marta Fernández, xefa do Servizo de Responsabilidade Social Corporativa da CRTVG, recolleu o diploma que recoñece a CRTVG como entidade colaboradora da Cruz Vermella, á que cede desde hai sete anos un espazo na sede de San Marcos para a súa principal campaña de captación de fondos, a da venta de boletos do Sorteo de Ouro.

No mesmo acto celebrouse unha mesa redonda con responsables de distintas empresas que apostan pola diversidade e a contratación de usuarios do plan de emprego. Elvira Arangüena, Alberto Rodríguez, Marcos Regueira e Fany López-Amado Fraga falaron da importancia do compromiso do tecido empresarial coa integración e a diversidade nas súas políticas de RRHH.

O plan de emprego da Cruz Vermella en Santiago apoiou 1.346 persoas no período 2016-2019, conseguindo a inserción laboral do 60% delas. Apoio na busca activa de emprego, sesións de orientación profesional, cesión de espazos ou campañas de sensibilización forman parte do traballo dos profesionais e dos/as voluntarios/as da Cruz Vermella en Galicia.