CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Convivir deportivo' da Radio Galega, premio ao mellor labor informativo nos Premios Deporte Galego

09/11/2019

En emisión desde outubro de 2017, Convivir deportivo está dirixido e presentado polo xornalista Alfonso Pardo e narra, cada fin de semana, historias de actualidade social vinculadas ao deporte

 

'Convivir deportivo' da Radio Galega, premio ao mellor labor informativo nos Premios Deporte Galego

Santiago, 09.11.2019.- A Secretaría Xeral para o Deporte anunciou a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2018 cos que recoñece os méritos deportivos do ano e distingue proxectos arredor do deporte. O espazo da Radio Galega 'Convivir deportivo', programa que fai foco na realidade social do deporte, deportes minoritarios, deporte inclusivo e adaptado, foi recoñecido na categoría de Mellor labor informativo. 

Cada fin de semana, baixo a dirección do xornalista Alfonso Pardo, 'Convivir deportivo' abre unha fiestra ao deporte desde a mesma óptica que o programa de actualidade social 'Convivir', tamén na emisora pública, para dar acubillo ao deporte base e a historias de superación e voluntariado, entre outros contidos.

O programa e o seu equipo foi, por exemplo, un eixo fundamental da campaña que a CRTVG desenvolveu o pasado mes de abril sobre deportivo inclusivo, #NonMiresXoga, levando os micrófonos da Radio Galega á cidade deportiva de Abegondo, na Coruña, na que tivo lugar un partido de fútbol mixto pola inclusión e a igualdade.

Ao longo do ano, 'Convivir deportivo' visita clubs, entrevista persoas destacadas do panorama deportivo galego e da conta da actividade das escolas deportivas escolares galegas, entre outros moitos contidos.

A entrega dos Premios Deporte Galego farase o xoves, 28 de novembro, no Auditorio Municipal de Lalín, nun acto no que tamén serán premiados:

• Mellor deportista feminina: Ana Peleteiro Brión (atletismo)

• Mellor deportista feminina con discapacidade (ex aequo): Susana Rodríguez Gacio (triatlon) e Desirée Vila Bargiela (atletismo)

• Mellor deportista masculino: Manuel Antonio Campos García (piragüismo)

• Mellor deportista masculino con discapacidade: Francisco Pérez Carrera (atletismo)

• Mellor equipo feminino (ex aequo): Pescado Rubén FS Burela (fútbol sala) e Atlético Guardés (balonmán)

• Mellor equipo masculino: Martin Wizner e Pedro Ameneiro (vela)

• Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Fundación Celta Integra (fútbol)

• Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Balonmán Lalín (balonmán)

• Mellor adestrador ou adestradora: Xulio José Conde Blanco (ciclismo BTT)

• Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Zulema González González (fútbol)

• Mellor evento deportivo: Campionato do Mundo Cadete de Xadrez (Santiago de Compostela)

• Mellor patrocinio deportivo: Estrella Galicia

• Mellor deportista revelación (ex aequo): Malena Mieres García, Teresa Abelleira Dueñase Nuria Rábano Blanco (fútbol)

• Premio ao xogo limpo: Martín Liste Viaño (atletismo)

• Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento epromoción da actividade física e hábitos de vida activa: '100.000 motivos de peso' (Narón)

• Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: JIM Sport

• Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Plurilingüe Tirán