CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Continúa a Copa do Rei de fútbol este xoves na Radio Galega co Barça-Celta

11/01/2018

O partido de volta dos oitavos de final poderase seguir a partir das 20.30 horas

Continúa a Copa do Rei de fútbol este xoves na Radio Galega co Barça-Celta

Santiago, 11.01.2018.- Desde as 20.30 horas, Roberto Carlos Carballo dirixe a retransmisión do partido de volta dos oitavos de final. O Camp Nou acolle o desenlace da eliminatoria Barcelona-Celta, co empate a un gol como referencia tras o encontro disputado en Balaídos.

Xaime Escudeiro viaxa ata a cidade condal para contarlle á audiencia do 'Galicia en Goles' os noventa minutos de xogo, acompañado polo analista Xulio Vázquez.

O equipo que prepara Unzué foi quen de empatar en decembro a dous goles no campo azulgrá na Liga. Ese resultado mesmo lle valería para acceder aos cuartos de final.

A audiencia da Radio Galega poderá escoitar a emisión do Barcelona-Celta ata a media noite, xa que logo do partido chegará o tempo de opinión dos adestradores e futbolistas.