CRTVG Viva
Con Marga e Roi investigando a morte de Óliver en "Serramoura", Tomás encárgalle a Quique o caso do roubo dun camión de madeira
Raquel acepta participar no suborno a Maroto e Evaristo ordénalle a Hugo que prepare o acordo sen máis dilación
Santiago, 28.10.2018.- Na entrega desta semana da serie “Serramoura” (22.15 h.), despois de analizar a escena do crime de Óliver, Marga e Roi chegaron á conclusión de que Sira non tivo nada que ver no acontecido. Pero quen podería ter motivos para asasinar a Óliver e facelo pasar por un suicidio?
Con Marga e Roi investigando o caso de Sira, Tomás ten que encargarlle a Quique o caso do roubo dun camión de madeira. Sen perder tempo, Quique comeza a investigación polo primeiro sospeitoso: Santos. Ao mesmo tempo, Raquel acepta participar no suborno a Maroto e Evaristo ordénalle a Hugo que prepare o acordo sen máis dilación.
Mentres tanto, Roi estase afacendo a vida en Serramoura en gran parte grazas á colaboración de Raquel. Estará nacendo unha nova relación na vila ou os segredos do sarxento Quiroga poden afectar negativamente?