CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Como facer unha doazón na campaña CRTVG con Unicef

18/11/2015

A través dunha mensaxe de móbil coa palabra AXUDA ao 38028 ou dunha comunicación co 905446028, a audiencia dos medios públicos pode participar solidariamente para acabar coa eiva da mortalidade infantil

A TVG e a Radio Galega están a desenvolver, desde o 16 ao 22 de novembro, unha programación específica para concienciar a poboación da importancia da súa contribución para acabar coa desnutrición nos nenos e nenas

Como facer unha doazón na campaña CRTVG con Unicef

Santiago, 18.11.2015.-  As persoas que desexen facer unha doazón a Unicef dentro da campaña posta en marcha por este organismo e a CRTVG baixo o lema “Agora non podemos parar”, poden enviar unha mensaxe de móbil ao 38028 coa palabra AXUDA. Esta operación pódese facer ata o domingo a través dos móbiles contratados con Movistar, Vodafone, Orange, Amena, Yoigo e Euskaltel, pero non con R.

Con cada SMS solidaria, que ten un custo de 2€, Unicef destina este importe de xeito íntegro á loita contra a desnutrición infantil, o que permitirá tratar durante un día dous nenos/as con desnutrición aguda grave. Con dous ou tres días de tratamento cos sobres de alimento terapéutico, un rapaz ou rapaza volve recuperar a vitalidade, o apetito e as ganas de vivir. 

Outra opción para participar nesta “Semana coa Infancia” é mediante chamada ao número 905 446 028. A participación vía telefónica ten un custo de 1,45 euros desde a rede fixa e de 2 euros desde o móbil.

A Televisión de Galicia e a Radio Galega están a desenvolver con Unicef, desde o 16 ao 22 de novembro, unha programación específica para concienciar á poboación da importancia da súa contribución para acabar coa mortalidade infantil e realizar así un chamamento á solidariedade da audiencia. Os medios públicos galegos afondan amais no programa “Mellora do acceso aos servizos de saúde de mulleres embarazadas e acabados de nacer”, un proxecto de cooperación de Unicef en Bolivia.

 

*IMPORTE DO SERVIZO DE SMS 2€ ÍNTEGROS PARA UNICEF. Servizo para recadación de fondos en campaña solidaria. Movistar, Vodafone, Orange, Amena, Yoigo e Euskaltel. Operador titular: UNICEF Comité Español, rúa Mauricio Legendre, 36. 28046 Madrid. N.atn.clte 902228028. sms@unicef.es Información legal e protección de datos: www.unicef.es 

*O servizo da chamada ao 905446028 préstao Alterna Project Marketing. Apartado de Correos 9014, Madrid. Custo máximo por chamada de 1,45€ dende rede fixa e de 2€ dende rede móbil, impostos incluídos.