CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Coa estrea da docuficción 'A dama do cadro', a G2 adéntrase na vida e obra do creador do pintalabios español

12/10/2021

Os espectadores verán como, a raíz dunha fermosa historia de amor, o empresario Antonio Puig Castellón, dono dunha pequena perfumería na cidade condal dos anos 20 traballa duramente ata fabricar o primeiro pintalabios do noso país

 

 

Coa estrea da docuficción 'A dama do cadro', a G2 adéntrase na vida e obra do creador do pintalabios español

Santiago, 12.10.2021.-  ‘A dama do cadro’ (23.25 h) é o título da docuficción que estrea este martes a G2, que se adentra na vida e obra do empresario Antonio Puig Castelló, creador do primeiro pintalabios español e fundador do que agora é unha compañía de renome internacional: o grupo Puig.

O proceso de ensaios dunha obra de teatro na Barcelona actual dálle pé ao descubrimento da figura do fundador desta compañía catalá. Os espectadores verán como, a raíz dunha fermosa historia de amor, este novo emprendedor, dono dunha pequena perfumería na cidade condal dos anos 20 traballa duramente ata conseguir fabricar o primeiro pintalabios do noso país.