CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Chega á TVG 'O porquiño polo que vale', concurso que porá a proba a xente para saber ata onde pode chegar por gañar un xamón

10/09/2018

Duarte Galbán e Tamara Pérez presentan este novo formato de humor, fresco, dinámico e atrevido (20.10 h.)

Chega á TVG 'O porquiño polo que vale', concurso que porá a proba a xente para saber ata onde pode chegar por gañar un xamón

Santiago, 10.09.2018.-   'O porquiño polo que vale', novo concurso presentado por Duarte Galbán e Tamara Pérez, chega hoxe ás tardes da Televisión de Galicia, que aposta por un formato de humor, fresco, dinámico e atrevido que pon a proba distintos tipos de concursantes para saber ata onde están dispostos a chegar por gañar un xamón. Todas as probas do concurso teñen premio, pero nalgún caso poderá haber máis dun gañador.

Cada serán, os presentadores percorrerán Galicia para atopar nas festas, rúas, prazas, praias e todo tipo de congregacións de xente veciños que se vexan motivados por un dos mellores xamóns do país. Calquera escenario será apropiado para sacar un sorriso. Xente maior, xente nova, de mediana idade, de aquí, de fóra... 'O porquiño polo que vale' contará cunha ampla variedade de participantes e anécdotas que contar.

Trátase dun programa que mestura o tradicional co máis actual e canalla, un programa que bebe da televisión máis primitiva para fusionala co novo xeito de consumir dos mozos e mozas: Internet.

O porquiño polo que vale”, novo concurso presentado por Duarte Galbán e Tamara Pérez, chega hoxe ás tardes da Televisión de Galicia, que aposta por un formato de humor, fresco, dinámico e atrevido que pon a proba distintos tipos de concursantes para saber ata onde están dispostos a chegar por gañar un xamón. Todas as probas do concurso teñen premio, pero nalgún caso poderá haber máis dun gañador.

Cada serán, os presentadores percorrerán Galicia para atopar nas festas, rúas, prazas, praias e todo tipo de congregacións de xente veciños que se vexan motivados por un dos mellores xamóns do país. Calquera escenario será apropiado para sacar un sorriso. Xente maior, xente nova, de mediana idade, de aquí, de fóra... “O porquiño polo que vale” contará cunha ampla variedade de participantes e anécdotas que contar.

Trátase dun programa que mestura o tradicional co máis actual e canalla, un programa que bebe da televisión máis primitiva para fusionala co novo xeito de consumir dos mozos e mozas: Internet.