CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

"Casamos!" ofrece esta noite unha voda de temática cabalar, a de Jessica e Camilo

12/09/2018

O seu foi un amor de taberna que tivo que facer fronte a algunhas dificultades

"Casamos!" ofrece esta noite unha voda de temática cabalar, a de Jessica e Camilo

Santiago, 12.09.2018.-   A noite do mércores volve o amor á Galega na compaña de “Casamos!” (22.10 h.), o programa máis romántico da canle pública, que ofrece un retrato coral sobre o universo das vodas en Galicia.

A historia de Jessica e Camilo, os protagonistas desta noite, podería dicirse que é un amor de taberna. Os dous xa se coñecían de antes, pois ela era a mellor amiga da irmá del, pero ningún reparara no outro. Ata que un furancho uniu as súas vidas para sempre.
 
O seu foi un amor taberneiro que tivo que facer fronte a algunha que outra dificultade, pois Jessica tiña dúas fillas dunha relación anterior e a irmá de Camilo non estaba moi a favor da relación. Pero o amor todo o pode e agora Jessica e Camilo casan, iso si, farano nunha noite especial e cunha voda con temática cabalar. Neste enlace todo será distinto, ata o traxe dos noivos.