CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Casamos!' celebra o aniversario de Karina e Carlos, unha parella que hai anos renovou os seus votos no programa

06/04/2021

Os protagonistas desta historia de amor de xuventude están de volta para contar como lles vai e lembrar a súa experiencia de casar na televisión (22.25 h)

'Casamos!' celebra o aniversario de Karina e Carlos, unha parella que hai anos renovou os seus votos no programa

Santiago, 06.04.2021.-   A TVG ofrece este martes unha entrega especial do programa ‘Casamos!’, titulada ‘Estamos de aniversario’. Os protagonistas serán Karina e Carlos, que xa pasaron hai uns anos polo programa para renovar os seus votos e que hoxe están de volta para contar como lles vai e se repetirían a experiencia de casar nun programa de televisión.

A súa é unha historia de amor de xuventude e instituto. Coñecéronse entre libros, exames e carpetas cando estudaban e, como eran membros do mesmo grupo de amigos, axiña se fixaron o un no outro. Os tres anos de idade que os separaban foron ao comezo un problema que tiveron que salvar na relación, pero pronto souberon que estaban feitos o un para o outro e deixaron os prexuízos a un lado.

Toda a familia festexou hai anos a fermosa historia de Karina e Carlos dun xeito moi especial, porque a súa foi unha voda orixinal e diferente, unha voda estilo anos 20, que esta noite se revivirá no programa ‘Casamos!’.