CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Carmen Lomana e Alba Carrillo participan no "Land Rober Holidays Show", que se traslada á noite dos luns

09/07/2018

Os espectadores seguirán gozando dos mellores sketchs e situacións cómicas a cargo de Roberto Vilar, Eva Iglesias e Xosé A. Touriñán (22.10 h.)

Carmen Lomana e Alba Carrillo participan no "Land Rober Holidays Show", que se traslada á noite dos luns

Santiago, 09.07.2018.-    O humor de verán do “Land Rober Holidays Show” trasládase ás noites dos luns, en que os espectadores seguirán gozando dos mellores sketchs e situacións cómicas a cargo de Roberto Vilar, Eva Iglesias e Xosé A. Touriñán.

Nesta ocasión, os protagonistas meteranse en gasto nunha xoiería, un pobre home descubrirá que é estéril despois de ter nove fillos, os “Gorrillas” farán das súas unha vez máis, os “Xubilados” estarán coa diva preferida do programa, Carmen Lomana, e Alba Carrillo xogará ao “Que me estás contando?”.