CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Carlos Baute, un dos grandes da música latina, visita este sábado o programa "Bamboleo"

16/12/2017

O espazo da TVG (22.05 h.) tamén ofrecerá hoxe a actuación da orquestra Versalles e da a multiinstrumentista galega Lydia Botana

Carlos Baute, un dos grandes da música latina, visita este sábado o programa "Bamboleo"

Santiago, 16.12.2017.-  Xosé Manuel Piñeiro volve este sábado á noite a propoñeu un programa adaptado a todos os gustos e públicos, en que o espectáculo e o entretemento serán os ingredientes principais. Nesta edición, “Bamboleo” recibirá a visita dun dos grandes da música latina, o venezolano Carlos Baute, un dos artistas chegados da outra beira do Atlántico con máis éxito no noso país. Con preto de dous millóns de discos vendidos e unha morea de premios ás súas costas, é tamén un dos artistas máis queridos polo público galego.

O espazo da TVG tamén ofrecerá hoxe a actuación da orquestra Versalles e da multiinstrumentista galega Lydia Botana, que formou parte de diversas agrupacións, tanto de pop, rock e ska coma de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros.

Por outro lado, nas seccións habituais do programa, “Agora ou Nunca” amosará o potencial artístico de Araceli Nieto, co tema “Back to black”, de Amy Winehouse; e de Camilo García, que interpretará “Y nos dieron las 10”, de Joaquín Sabina.

Ademais, na “ITV do amor”, o público terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; “Déixate de Juasá” animará unha parella a prescindir de tanto trebello tecnolóxico e dicirse as cousas á cara; Victoria e Silvia competirán cantando con karaoke en “A Jrileira” e parellas de distintas xeracións bailarán na sección “Dirtidansi”, nesta ocasión os estilos tango e chachachá.