CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

"Cada Día Un Libro" sitúa nun 27% a súa cota de pantalla en 2011

15/01/2012

Este microespazo é un altofalante das obras literarias e dos creadores galegos

"Cada Día Un Libro" sitúa nun 27% a súa cota de pantalla en 2011

Santiago, 15.01.2012.-  “Cada Día Un Libro” está a situar a súa audiencia no que vai de ano nun 27% de cota de pantalla. Nuns tempos de forte competencia e diversificación de canles, cómpre salientar este excelente dato xa que reflicte amais o apoio e aposta tanto da canle pública galega coma dos espectadores pola cultura.

Xa son case 540 as obras galegas e os creadores literarios que a TVG deu a coñecer a través de “Cada Día Un Libro” nos dous anos de vida deste espazo divulgativo que, perfectamente integrado nos contidos da canle pública galega, recomenda a diario un libro do panorama editorial do momento.

De luns a venres, ás 14.15h, a Galega ofrece este microespazo co gallo de promover e difundir a cultura e a lingua galega, como un dos principios dos medios públicos galegos á hora de exercer a súa misión de servizo público. Con “Cada Día Un Libro”, a TVG garante que o traballo dos autores e das editoriais galegas reciba unha atención especial ao darse a coñecer ao gran público.