CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Brasil-Perú, a gran final da Copa América de fútbol, xógase este domingo á noite, en directo, na TVG

07/07/2019

Poderase ver a partir das 22.00 horas pola canle pública, en exclusiva, en aberto para Galicia 

Brasil-Perú, a gran final da Copa América de fútbol, xógase este domingo á noite, en directo, na TVG

Santiago, 07.07.2019.- Televisión de Galicia ofrece este domingo, en exclusiva, en aberto para Galicia, a gran final da Copa América de fútbol que, contra todo prognóstico, enfrontará a selección anfitrioa Brasil contra Perú, tras derrotar en semifinais a actual campioa Chile.

O partido, que se xogará no mítico estadio Maracaná do Río de Xaneiro, poderase seguir en directo pola TVG, a partir das 21.50 horas, e contará como comentaristas con Gustavo Varela, Luis Timiraos e Álex Couto.

A Galega é a única canle en España que está ofrecendo os partidos da 46 edición da Copa América 2019 en aberto. Desde o comezo, está transmitindo os dez partidos máis destacados do principal torneo futbolístico entre as seleccións dos países de América do Sur, o máis antigo do mundo.