CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Batallas épicas, lendas e historias de película, hoxe no programa 'Segredos - Desmontando Galicia', dedicado á ría de Vigo e á ponte de Rande

18/11/2019

Os espectadores coñecerán as características que fan única unha megaconstrución que marcou un antes e un despois na cidade olívica e nos municipios da contorna (22.20 h)

Batallas épicas, lendas e historias de película, hoxe no programa  'Segredos - Desmontando Galicia', dedicado á ría de Vigo e á ponte de Rande

Santiago, 18.11.2019.-    O ‘Segredos - Desmontando Galicia’ desta semana remexerá no escenario de batallas épicas con tesouros que crearon lendas e mesmo inspiraron historias ao precursor da ciencia ficción: Julio Verne. O espazo da TVG estará hoxe dedicado á ría de Vigo e á ponte de Rande.

Os espectadores coñecerán as características que fan única unha ría que mudou coa ponte de Rande, unha megaconstrución que marcou un antes e un despois na cidade olívica e que afectou tamén ao desenvolvemento dos municipios da contorna.

Diana Nogueira e Alicia Burton explicarán por que se construíu nese sitio e dese xeito unha obra sen precedentes na nosa terra que rachou coas normas establecidas grazas ao seu deseño e materiais e que ademais está no medio dunha ría repleta de lendas e historias de película.

A través de espectaculares recreacións en 3D, ‘Segredos - Desmontando Galicia’ quitará todas as pezas desta megaestrutura, desmontaraa para volver montala e ver como encaixan milimetricamente as pezas que fan dela a segunda mellor ponte do mundo. Ademais, convidará os espectadores a gozar dunhas impresionantes vistas desde o alto da ponte.